martes, 7 de agosto de 2007

Eu

Onte Luns foi un día de ledicia, e para o recordo xa que recibín no traballo a visita de Corsini, Reyes e Xavier unha familia a que me sinto moi achegado sentimentalmente por moitos aspectos xa que me une simplemente o cariño recíproco entre todos eles e miña nai, de aquí me ven a mente unha frase de Arturo Graf, que dicía “O que ten un amigo verdadeiro pode dicir que ten dúas animas”. E eu digo mais, moito mais....., nesta amizade, o que realmente une e unha soa anima, que soubo dar amor e cariño dunha maneira xenerosa e sen contrapartidas. Mama como sei que me escoitas onde queiras que esteas, dígoche simplemente grazas, por deixarme estas amizades e o cariño de todos eles.

No hay comentarios: